lunes, 22 de diciembre de 2008

Feijoo visita a miña terra

Onte, o Presidente Alberto Núñez Feijoo visitou distintos Concellos da Terra Cha, onde falou da Galicia que nos une e da necesidade de poñer en valor o noso rural, para o que é preciso un goberno que o axude a crecer, desenvolverse e modernizarse, e non a entorpecelo.

Fixo fincapé no que xe falamos aquí, da pésima negociación que se fixo na Unión Europea coa cota láctea. Temos un goberno, en definitiva, que non deixa de poñerlle portas ao campo.

En troques de axudar ao rural, o primeiro que fixo nada mais chegar ao goberno no 2005 foi anular unilateralmente os 240 proxectos rurais que deixara en marcha o anterior goberno. E o gran proxecto que presenta Zapatero, xa podería terse feito en Galicia hai tres anos, se non fora pola obsesión do Bipartito de anular todo o que fose decidido polo PP.

miércoles, 17 de diciembre de 2008

O voto exterior

Mais de 330.000 galegos están inscritos no censo de residentes ausentes e, polo tanto, poderán votar nos próximos comicios autonómicos, pero non o farán en furna de cristal, porque o PSOE vetou esa posibilidade. Trátase dun censo superior ao de provincias coma Lugo, polo tanto, e da mesma forma que aquí nos identificamos antes de votar co DNI, é de toda lóxica que os votantes do exterior se identifiquen antes de exercer o seu dereito lexítimo ao voto.

A proposta plantexada por Núñez Feijoo na Cámara galega a Touriño, non é complicada se hai vontade política, xa que se trata só de incluir unha fotocopia do DNI ou pasaporte entre a documentación a remitir no sobre dirixido ao Presidente da xunta electoral provincial. Proposta que se fai mentres agardamos o tan solicitado voto en furna, coa finalidade de que teña unhas mínimas garantías democráticas.

Non é ningunha medida extraordinaria, nin require dun desembolso económico especial, tan só persigue garantía de transparencia democrática, para evitar fraudes coma os do axente electoral detectado en Muxía, actualmente no zxulgado, ou o dobre discurso de Touriño, que anunciou que nonía viaxar a Arxentina por mor da crise económica, pero iso si, xa enviou a América a tres COnselleiros...

lunes, 15 de diciembre de 2008

Unha visita a Ginebra


Esta fin de semana estiven nunha das zonas mais concurridas de emigrantes galegos: Suiza.

Alí tiven a honra de compartir un tempo de lecer moi divertido nunha festa coa colectividade galega, representando ao Partido Popular de Galicia.

Xa en posteriores encontros, sen música nin baile, José Gil, Presidente Nacional de Suiza e a Presidenta do PP de Ginebra, a Sra. Vera, transmitíronme a problemática pola que están a atravesar os emigrantes galegos no exterior e, en concreto, en Suiza.

Visitei os centros de Tordoia e tamén o Centro Hispania, así como o centro A Nosa Galicia.

Esta viaxe serviume para constatar unha vez mais o retroceso que estamos a sufrir en Galicia, esta vez falamos da Galicia exterior. Un retroceso que se palpa en cada historia concreta, en cada individuo que se ve incapaz de sacar adiante a súa vida e a da súa familia coma antes, co apoio e as facilidades coas que contaban.

É imperativo por iso voltar de novo a unha política coa emigración seria e prestarlles as axudas precisas aos galegos que tiveron que abandoar a terra pola necesidade apremiante de traballar.



lunes, 1 de diciembre de 2008

Convención do PP de Lugo: analizando Galicia


Onte se celebrou en Vilalba a IV Convención do Partido Popular de Lugo, coa participación de tódolos voceiros parlamentarios do Grupo Popular de Galicia, e coa destacada intervención como moderador do Deputado da Terra Cha, Agustín Díaz Baamonde. Coa súa retranca e simpatía pasamos unha lonxa xornada de traballo e profunda discusión sobor dos problemas reais dos galegos e galegas da Provincia de Lugo, así como as propstas de futuro do PPdeG.

Ante un concurrido auditorio, os distintos voceiros presentaron as súas ponencias sobre infraestructuras, Medio Ambiente, Madio Rural, Pesca, Xustiza, Economía, Traballo, Cultura, Educación, Benestar e Igualdade, Vivenda e Industria.

As ponencias puxeron de manifesto as importantes eivas do Bipartito na súa xestión e, cómo despois de 4 anos, Galicia está peor, prácticamente paralizada en materia de inversións, e cunha situación no ámbito dos servizos sociais, e concretamente, do desenrolo da Dependencia, de total frustración.

Como Voceira de Benestar, puxen sobre a mesa os datos da Vicepresidencia da Igualdade, así como os do Ministerio de Asuntos Sociais, que reflicten que Galicia é a 5ª Comunidade pola cola en atención aos dependentes, unha situación real que difire sobre a que día e outro tamén, nos presenta a Vicepresidencia, mais preocupada dos titulares grandilocuentes que de atender ás persoas en situación de dependencia.