domingo, 25 de enero de 2009

O enchufismo de Quintana

A desesperación que Quintana sinte ante o temor de perder as eleccións, lévano a actuar rastreiramente. Agora adícase a amañanar as probas para facer fixos a preto de 300 traballadores contratados a dedo.

Este persoal foi no seu momento, seleccionado a dedo por un tribunal político, como xa eñen denunciado diversos sindicatos e tamén o Partido Popular, xa que todos vemos cómo a intención do BNG é empregar os servizos dependentes de Vicepresidencia para aleccionar no ideario do BNG a nenos e maiores.

Con todo, a de Vicepresidencia non foi a única rede clientelar organizada polo Bipartito na actual lexilatura, xa que as contratacións producidas por outros chiringuitod públicos, como Seara, seguiron un patrón similar: primou a militancia política sobre os principios de igualdade, mérito e capacidade.

Así pois, Quintana adícase a pasear por toda Galicia mentres se suceden as denuncias por neglixencias no departamento que él dirixe. Atopámonos ante un escándalo sen precedentes...

lunes, 19 de enero de 2009

Obxectivo: a Igualdade real

Esta fin de semana, o noso Candidato á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, mantivo unha reunión cun grupo de mulleres, entre as que se atopaba a autora deste blog, na que nos amosou a súa preocupación por que Galicia acade a igualdade real e efectiva. Por iso, o programa electoral tratará de xeito trasversal os problemas e solucións aos mesmos que rematen coas situacións de discriminación que aínda hoxe existen na nosa Comunidade.


Dentro desta xornada pola Igualdade, puidemos asistir a un acto multitudinario en Xinzo de Limia, onde homes e mulleres, pero sobre todo mulleres (unhas 3.000) reivindicamos a igualdade de oportunidades e o papel fundamental de tódalas mulleres anónimas que día tras día aínda seguen sufrindo discriminacións.

Feijoo reivindicou o papel da muller como eixe que fai mover a sociedade, e comprometeuse a rematar coa situación de discriminación que aínda perdura, ademais de impulsar medidas de conciliación da vida familiar coa laboral.

Arroupado non só por estas mulleres, senón tamén pola Secretaria Xeral do PP, MªDolores de Cospedal, explicou que o seu empeño en organizar este acto en precampaña electoral responde a que "quero que a Igualdade tamén sexa un dos principios fundamentais do meu goberno".
Equiparación de dereito, loita contra a violencia de xénero e creación dunha rede de guarderías para que tódolos nenos que o desexen poidan acudir a unha, foron algúns compromisos que adquiriu o noso Presidente coa cidadanía.

sábado, 17 de enero de 2009

O Bipartito continúa creando chiringuitos

O Consorcio do Benestar, creado pola Vicepresidencia da Xunta, está sendo o brazo político do BNG.

Procesos de selección de persoal amañados, manipulación das eleccións sindicais,... son os eixes da política laboral do BNG, coa complicidade de Touriño, aquel que alardea nos seus discursos oficiais de transparencia, pero que logo actúa con escurantismo e opacidade.

Dende o comezo da lexislatura, o Partido Popular veu denunciando esta forma de proceder do BNG que agora se agrava no Consorcio de Benestar. A seleción de persoal non ven marcada por méritos e capacidades, senón que o BNG está a primar criterios políticos en ditas seleccións, convertindo este órgano nun chiringuito mais ao seu servizo.

Deste xeito o que conseguen é que a Administración pública se convirta nunha plataforma dende a que extender o ideario nacionalista a nenos e maiores, pero esquecendo os procesos legais e éticos para facer as cousas, premiando aos candidatos afíns ao BNG e castigando aos que non profesan a a súa ideoloxía.

Malas noticias para Galicia

Segundo as estadísticas, Galicia é a comunidade autónoma na que mais está a medrar o paro de media con respecto ao resto de España.

Este ano 2008 que remata de irse, se pecha con esas nefastas novas para as colas do INEM en Galicia. O paro aquí medra a maior ritmo ca no resto do país. ¿É esa a maneira que ten o Bipartito de poñerlle freo e de paliar a crise? paréceme que nos están a mentir de novo cos datos.

A realidade é que o paro en Galicia aumentou o 5,2%, mentres que en España aumentou o 4,7%. Malas noticias...

A crise chega a Galicia con maior intensidade, e esta vez a propaganda da Xunta non o vai solventar. PSOE = paro, teremos que pensar. Teremos que pensar que Touriño aprendeu moito de Zapatero, aprendeu a facer as mesmas promesas enganosas aos cidadáns, a faltarlles ao respeto con mentiras que xa a él mesmo coido que lle custa crer.

Mentres que o Bipartito ofreceu 30.000 novos postos de traballo no 2008, o certo é que o ano se pecha con 34.921 parados mais que no ano 2007. Son incapaces de ofrecer solucións á crise e ao paro.

¿Cánto mais poderemos aguantar?

jueves, 15 de enero de 2009

O bo rollo do Bipartito

Fai pouco, acudín a un debate na televisión no que compartía mesa cos Deputados Aymerich do BNG e Lage do PSdeG. Non fixo falla nin que abrise a boca, eles mesmos fanse oposición, qué doado foi e qué lástima sentín polos galegos desgobernados por mor dos continuos enfrontamentos dos socios do goberno de Galicia...

miércoles, 14 de enero de 2009

Recargando Galicia



Esta fin de semana estivo chea de animación no Partido Popular de Galicia, con diversos actos cos que comezamos a recargar Galicia como é o noso compromiso.
Co apoio incondicional do noso Presidente Nacional Mariano Rajoy, que nos acompañou no acto co que se abriu a Precampaña electoral en Lugo, puidemos facer un repaso dos incumprimentos, que son numerosísimos, do Bipartito nestes 4 anos de bigoberno.

Alberto Núñez Feijoo anunciou, entre os aplausos de todo o Auditorio, que cando goberne, a Xunta de Galicia asumirá baixo a súa presidencia a construcción do AVE, igual que o está a facer Navarra ou o Pasís Vasco, e dendo logo, lle pasará a factura ao Estado. Lugo non pode quedar illada por culpa dos socialistas, e perder o tren da modernidade e do futuro.




Así mesmo, o noso Candidato e Presidente Autonómico, reuniunos tódolos Presidentes locales, Voceiros e Alcaldes de Galicia para compartir con nós o plan de traballo en equipo que nos agarda durante a campaña.

Insistiu na necesidade de gañar as eleccións nas 4 provincias para devolverlle a Galicia a súa prosperidade e volver a facer as cousas ben.

Nas enquisas, sinalou que o noso partido reflicte unha tendencia á alza, en contraste co PSdeG, que por contra, manifesta unha tendencia á baixa.

Falou de que somos por primeira vez a forza escollida polos xóvenes, e que iso nos vai axudar a seguir facendo do PP o partido de todos.

A pulsión de cambio na sociedade ante unha mala situación, o apoio á xuventude e a confianza dos cidadáns na nosa xestión, serán os ingredientes da victoria nas eleccións.

Que así sexa!

Outro proxecto de chiringuito


O Bipartito, nas súas ansias por que os seus tentáculos cheguen a cantos mais recunchos mellor, está decidido a abrir unha nova delegación da Xunta de Galicia en Lisboa na próxima lexislatura, iso contando con que cheguen a Presidila, feito mais que cuestionable.

Antes de facer sellante gasto, o Executivo autonómico deberá analizar os seus custes con detalle, e en calquera caso, valorar a disponibilidade das entidades galegas para poder colaborar no funcionamento desas oficinas.

Ttátase en definitiva, de evitar derrochar elevadas sumas económicas en novas dependencias administrativas excesivamente caras, cuio custe podería minimizarse contando coa colboración dos centros galegos.

Ao meu xuizo, e ao de todo o Partido Popular, resulta incrible que Touriño anuncie a creación dunha delegación da Xunta en Lisboa sin sequera visitar o centro galego da capital lusa.
Iso de abrir delegacións luxosas para acomodar a dirixentes socialistas adicados a captar voto exterior pasará á historia o vindeiro 1 de marzo!!


martes, 6 de enero de 2009

Na Provincia de Lugo...


Queridos lectores, neste ano que acaba de comezar a transcorrer, quero desexarvos toda a felicidade que poidades ter.

Agardemos que Galicia alcance o cambio que merece o día 1 de marzo. Pola banda do noso candidato, Alberto Núñez Feijoo, xa se están poñendo tódolos esforzos precisos para que así sexa. A pasada semana foron os afiliados de Monforte os que puideron desfrutar da familiaridade e, posteriormente, os veciños de Sober foron os que presenciaron a normalidade coa que o noso Presidente se somete a tódalas preguntas que se lle poidan facer.

Nunha reunión onde acudiron centos de persoas, Feijoo respostou a toda clase de custións que se lle plantexaron, sen escurantismos propios do modus operandi da esquerda que nos goberna, con tranqulidade e transparencia, coa sinceridade propia dun bo gobernante.

Nesta zona de Galicia, Feijoo deu a súa opinión acerca do concurso eólico que tanto preocupa aos veciños, expoñendo que "Está claro que Galicia precisa dun Goberno novo que faga un concurso eólico novo, que acabe cos intereses políticos, económicos e partidistas, e que se fixe nos intereses xerais de Galicia".