domingo, 30 de noviembre de 2008

Cambio de discurso

As medidas anunciadas estes días por Touriño, semellan estar pensadas para fins electoralistas e non para loitar contra a crise económica que padecen os galegos e galegas. Mais ben o presidente da Xunta está a copiar punto por punto, a estratexia de ocultación da realidade aplicada por Zapatero antes das pasadas elecciónsXerais para minimizar o alcance da crise económica ata despois da cita coas urnas.

Isto explicaría a negación da situación mantida por Touriño ata datas recentes, pero tamén a sucesión de anuncios cun elevado custe económico para os contribuintes e cuxo único fin é o electoral.

Touriño busca gañar tempo de aquí ás Autonómicas para evitar que os cidadáns tomen conciencia da situación real.

¿Alguén no seu sano xuizo pode crer que a solución á crise actual pasa por contratar 2.000 parados para limpar cunetas que ata o de agora se desbrozaban con tractores? É curioso ademais, que a duración deses contratos estea prevista para o espazo temporal comprendido entre decembro e maio, en pleno período preelectoral. A verdade é que a proposta ten bastante similitude co Paln de Emprego Rural, mais coñecido por PER, implantado polo PSOE en Andalucía.

Chama a atención o cambio operado no discurso económico do titular do Executivo Galego quen, en escasas semanas, pasou de reiterar que a crise non ía afectar a Galicia, porque segundo él a Comunidade xogaba na liga das estrelas, a presentar sucesivas medidas contra a crise.

Este feito deixe en evidencia un goberno que está a improvisar sobre a marcha, buscando unicamente un efecto mediático que despois non ten unha repercusión efectiva sobre a economía real das familias e das empresas.

viernes, 28 de noviembre de 2008

Pero... ¿Hai crise?


Qué vai haber crise, a crise está no imaxinario da xente, das 100.000 familias galegas que se adican a gandeiría, á pesca... Por iso o Presidente nega a súa existencia no sector primario coa mesma hipocresía que nega a crise económica ou a da Sanidade.

Pero será posible que sexa froito da imaxinación de tanta xente os problemas que sofren día a día pola suba do gasoil, ou a caída dos prezos en orixe da carne e do leite? Ao mellor si, como os galegos temos unha idiosincrasia tan especial!

O gandeiro está a sufrir por mor dunha negociación indigna da cota láctea levada a cabo pola Ministra galega dos Medios, ademais dunha nefasta política de venda de excedentes (o 80% do sobrante debe quedar na Comunidade productora, sen poder asumir mais dun 20% outras Autonomías como Galicia. O sector está descapitalizado por este Goberno, que rebaixou o valor desas cotas lácteas. Moita xente investiu os seus aforros na cota... pero o que antes servía ata de aval nun abanco, agora véndese por debaixo do prezo ao que se mercou.

En canto ao sector pesqueiro, os prezos do gasoil subiron ata o extremo de que moitos barcos saen a faenar sen nin sequera cubrir os seus custos de producción, de xeito que aos pescadores sáelles mais rentable deixar os seus barcos amarrados que sair á mar.

O mais curioso é que a Xunta decidiu non executar case a metade do orzamento asignado para o 2008. Coa que está caendo, á Conselleira Gallego qué facer con 131 millóns de euros!

E para rematar de demostrar a preocupación do señor Touriño co sector, paséase con Espinosa ate as Illas Cíes nun chamado acto simbólico, ante a mirada de centos de mariñeiros desesperados e incrédulos que viron isto como unha auténtica provocación, a Ministra do Medio Mariño nin se achegou ata eles, se pode ser mais insensible?

Ao mellor é que teñen razón os nosos gobernantes e non hai tal crise!


miércoles, 26 de noviembre de 2008

¿Estamos facendo o posible?

A violencia de xénero é un problema e todos e cada un dos galegos e galegas. Todos debemos tomar plena conciencia deste drama. Cada vez que unha muller é maltratada ou é asasinada fracasa toda a sociedade, e nos preguntamos si estamos facendo todo o posible?. No que levamos de ano 2008 no ámbitoo estatal, se produciron 62 asasinatos de mulleres, e no ámbito da nosa Comunidade a cifra de vítimas mortais se eleva a 4.

Temos que ser contundentes na loita contra a violencia de xénero, xa que é unha vulneración inadmisible dos dereitos fundamentais. A violencia de xénero nunca ten xustificación. Correspóndelle a toda a sociedade e aos poderes públicos facer o posible para afondar na súa erradicación.

A pesar de que se teñen tomado medidas lexislativas para combater esta lacra, tanto a nivel Estatal como Autonómico, o resultado é desolador. Faltan medios e recursos, e o funcionamento é manifestamente mellorable.

É precisa a especialización e a dedicación exclusiva como clave para combater xudicialmente este tipo de delitos, a pesar de que na Lei está previsto os medios de control e coordinación, o feito é que falta persoal específico de toda a administración.

Informes como o do Defensor do Pobo ou de Amnistía Internacional, reflicten a frstración das expectativas xeradas pola Lei, as súas debilidades e cómo, tras 4 anos dende a súa entrada en vigor, as mulleres non están mais protexidas nin se sinten mellor atendidas polas Administracións Públicas.

Galicia segue sendo a mais discriminada en recursos económicos e materiais para loitar contra a violencia de xénero, supoñendo un impedimento mais para acabar con esta terrible lacra social da violencia contra as mulleres, un problema que require o compromiso de todos para desaparecer.

martes, 25 de noviembre de 2008

Dende a rede para o mundo

Hoxe decidín abrir un blog persoal. Unha páxina pública onde todo o que o desexe poida acceder ao que eu considero importante, a todo o que persoalmente me parece de relevancia e que paga a pena compartir con vós.

Sen dúbida, un traballo que ten a súa recompensa na conciencia de que a información que se comparte coa rede, compártese co mundo.

Algo que debemos aproveitar para que vós, usuarios de internet, poidades recabar información e puntos de vista diferentes para forarvos unha opinión propia e non sesgada do que ao voso arredor ocorre.

Agardo que xuntos, recorramos esa tortuosa ascensión que supón o camiño cara o coñecemento.