martes, 3 de marzo de 2009

CHEGOU O MOMENTO!!

Galicia falou alto e claro este domingo nas furnas, e agora, chega o momento de aplicar un único programa que, como dixo Feijoo, deber ser para todos.

Un programa que ten como obxectivo afrontar a crise con rigor e saír dela, frear a destrucción de emprego (febreiro rematou en Galicia cun total de 206.560 parados, case 45.000 mais que o ano anterior). Así pois, a loita contra o paro debe constituir a primeira preocupación de calquera goberno sensato neste intre.

As previsións do comisario europeo de asuntos económicos, Joaquín Almunia, apuntan a que o paro medrará en España ata alcanzar os 4 millóns de desempregados. Neste enscenario ten mais sentido que nunca implantar un plan de austeridade en España e en Galicia.

Niso céntrase o compromiso do líder do PPdeG, que xa o viña reclamando dende hai mais de dous anos, un plan de austeridade na Xunta de Galicia que permita conseguir nun primeiro momento, unha partida de 100 millóns de euros para destiñar á creación de emprego, así como focalizar os esforzos da Administración para que os mozos e as familias poidan pagar menos impostos e poidan plantexarse mercar unha vivenda.

Chegou o momento de que as familias galegas poidan herdar e deixar en herdanza os bens froito do seu esforzo, en igualdade de condicións que outras familias de España, e, dende logo, chegou o momento de mellorar os servizos públicos, como a sanidade ou as prestacións da lei de dependencia.

Cómpre sen lugar a dúbidas, adelgazar a Administración Autonómica para converter o despilfarro en investimento, para acadar mais emprego e oportunidade, porque estamos a tempi de mellorar a Administración para facela mais axil e últil para os cidadáns.

E sobre todo, chegou o momento de recuperar os consensos e a confianza na política como un servizo e un compromiso coa nosa sociedade.

jueves, 19 de febrero de 2009

CC.OO denuncia irregularidades e incumprimentos no INEGA

O sindicato CC.OO denuncia que a Consellería de Innovación e Industria permitiu que a dirección do INEGA convirta este organismo nun chiringuito clientelar, suliñando as irregularidades coas que se atopan no Instituto Enerxético de Galicia.

As mais graves coas que nos atopamos no comunicado emitido por Comisións, van dende favoritismos cara aos traballadores do mesmo signo político ca eles, permitíndolles o uso dos coches oficiais, coa consecuante discriminación do persoal que non comulga coa ideoloxía política desta Consellería Socialista; ata a contratación do persoal baseada no sistema da dedocracia, adaptando as bases da convocatoria ao currículum dos futuros colocados.

Nin sequera, denuncian, deberían manter á actual directora do Departamento da Secretaría e Servicios Xerais no seu posto, pois carece da titulación e experiencia requeridas para él.

CC.OO denuncia así mesmo que no INEGA se producen continuas intimidacións do delegado sindical empregando amenazas de apertura de expedientes sancionadores para que non poida desenvolver con liberdade a súa tarefa de representante dos traballadores, negándolle información e facendo oídos xordos ás peticións de reunión.

En definitiva, o INEGA, igual que moitos outros organismos da Xunta, como ven denunciando o Partido Popular reiteradamente, converteuse nun chiringuito ao servicio dos e das Conselleiras que poden practicar o que tan ben se lles da: o enchufismo.

miércoles, 18 de febrero de 2009

O CONXUGA fala... de vienda e de emprego

Os datos que apunta o Consello da Xuventude de Galicia (CONXUGA) apuntan a que mentres no 2º trimestre do 2005, cada mozo galego que aspirase a mercar unha vivenda debía adicar a este obxectivo o 42,5% do seu esforzo económico, ese indicador disparouse ata chegar ao 79,8% no segundo trimestre do 2008.

Para invertir esta tendencia son precisas medidas encamiñadas a facilitar o arrendamento de vivendas con axudas directas para os mozos e un programa específico de alugueiro.

É preciso propiciar a saída ao mercado do stock de vivendas recen construidas e sen vender, que existen actualmente na nosa comunidade para adquisición ou arrendamento con opción a compra.

Pero o bipartito, lonxe de dar solucións aos problemas de vivenda que padecen os xóvenes galegos, prefire criticar as políticas de vivenda do anterior goberno.

Cómpre chegar a un acordo cos axente sociais que interveñen neste proceso do mercado inmobiliario, para ofertar esa vivenda libre a prezo concertado, de xeito que se poidan mercar nunhas condicións ventaxosas similares ás da vivenda protexida.

Pero sen dúbida, o problema mais grave que afecta aos xóvenes é o do emprego. Precísase dun verdadeiro Plan de Emprego para a xeventude que contemple medidas encamiñadas á inserción laboral, cun servizo de asesoramento e orientación laboral para mozos titulados e estudiantes, incentivos fiscais para o auto-emprego, e programas de actuación contra a precariedade laboral, contra o abuso de encadeamento e a rotacion dos cotratos temporais.

Cómpre impulsar unha reforma da Formación Profesional, que perdeu 13.600 alumnos nestes últimos anos, cun incremento da oferta formativa e potenciando a relación coas empresas.

A potenciación da FP é aínda mais importante na época de crise na que vivimos.

É preciso por tanto apostar polo futuro, polo futuro da xuventude!

martes, 17 de febrero de 2009

Un inicio de campaña cheo de ilusión!


Esta fin de semana foi realmente intensa. O venres 13 nos acompañaba Fiejoo en Chantada no primeiro mítin para toda Galicia.

Alberto comezou en Chantada, no pavillón do instituto, o Spring que lle levará á Presidencia da Xunta de Galicia o próximo 1 de marzo. No Partido Popular estamos convencidos! temos ilusión e gañas de traballar por Galicia, e por sacala do vagón de cola no que se atopa neste intre.

Temos o mellor líder para iso, o mais consistente, riguroso, fiable e honrado.

Alberto Núñez comprometeuse ante as mais de 500 persoas que abarrotaron o pavillón coa nosa zona e cos nosos sectores productivos, cos gandeiros, cos viticultores, co pequeno e mediano comercio e coas empresas que loitan día a día por plantarlle cara a esta crise.

Alberto o ten claro, Chantada tamén... CHEGOU O MOMENTO!


O sábado tamén tivemos visita. Soraya Sáenz de Santamaría, a voceira do PP no Congreso dos Deputados conquistou Chantada no día dos namorados. Tras un paseo polo casco histórico, pola tarde mantivemos un encontro cos empresarios da Vila do Asma, onde presentou as propostas que o grupo popular levará ao Congreso, propostas pensadas para paliar esta crise e axuda ás pequenas e medianas empresas, así como á reactivación do sector da automoción.

Finalmente, a Deputada rematou a xornada en sendos mítines en Carballedo e Monterroso, éste último ás 12 da noite e cun auditorio totalmente entregado.

Foi un auténtico pracer ter a Soraya esta fin de semana no partido xudicial de Chantada. A guinda a puxo Don Manuel Fraga, o noso Presidente Fundador, que nos acompañou o domingo en Portomarín, arroupado por mais de 200 persoas, recibiu unha homenaxe mais que merecida nun dos Concellos mais fermosos da Ribeira Sacra e do camiño da Santiago.

Don Manuel non desaproveitou a ocasión para recalcar a importancia da victoria do PP o 1 de Marzo, polo ben de Galicia. Así dixo que "os votos hai que sachalos".

martes, 3 de febrero de 2009

Corresponsabilidade e Igualdade



Fai uns días, o xornalista do Faro de Vigo, Javier Sánchez de Dios, invitoume a participar nun debate moi interesantesobre a corresponsabilidade e a igualdade entre homes e mulleres.

No debate participamos un representante de "hombres en igualdad", unha representante sindical e mais eu.

O certo é que hai moito que falar sobre este tema, pero hai moito mais por facer!

¿Creedes que a igualdade real chegou á nosa sociedade?

É certo que temos lexislación: dende a propia Constitución, a Lei Galega de Igualdade do ano 2004, a Lei Estatal de Igualdade, ... pero as mulleres seguen cobrando un 30% menos de salario por desempeñar a mesma tarefa que un home. A representación nas institucións incrementouse, pero estamos aínda moi lonxe. Nos cargos de alta dirección das empresas, nas Universidades,... as mulleres son maioría, pero os propios órganos de dirección seguen a estar masculinizados.

Un 30% das mulleres recoñecen que lles gustaría ter mais fillos dos que teñen, pero non poden por razóns laborais. Nun país coma o noso, nunha Comunidade como Galicia, onde os índices de envellecimento e a pirámide demográfica é das peores de Europa, deberiamos de optar por verdadeiras políticas de conciliación, precisamos mais prazas de guardería, mais comprensión coa maternidade, para que ésta sexa unha decisión tomada libremente, sen que supoña un perigo para o posto de traballo dunha muller.

¿Qué opinades?

Sogama segundo o Bipartito

O Conselleiro de Medio Ambiente, o Socialista Manuel Vázquez, debería explicar de inmediato e claramente,qué está a facer cos medicamentos procedentes da planta Sigre que, ata hai escasos días, acumulaba ilegalmente no vertedoiro da Areosa, despois de que a autorización ambiental integrada á que está sometido o vertedoiro desde abril do ano pasado impedise realizar eses enterramentos.

O elevado volume dos medicamentos rexeitados polo Sigre e o perigo ambiental e de saúde pública que supoñen, debería ter unha explicación convincente e documentada do goberno galego e dende logo do Presidente da Xunta como máximo responsable político, desde os vertidos tóxicos ao Lengüelle, ata as presuntas irregularidades económicas, como o contrato por valor de 19 millóns de euros e outorgado polo presidente da empresa pública, ata os pagamentos efectuados a Danigal por enterrar, o lixo procedente da Coruña.

A actitude do bipartito a respecto de Sogama constitúe un claro exemplo de falta de transparencia e mirar, unha vez máis para outro lado, dende que na pasada primavera se ven denunciado que na Areosa se estaban enterrando medicamentos de xeito irregular, o responsable do medio ambiente negou eses feitos, malia a contundencia das evidencias amosadas, e non tivo reparo algún en desmentir unha por unha, a longa nómina de irregularidades que o paso do tempo está acreditando como verídicas, veremos en que acaban os intentos do Conselleiro de distanciarse da xestión de Sogama.

domingo, 25 de enero de 2009

O enchufismo de Quintana

A desesperación que Quintana sinte ante o temor de perder as eleccións, lévano a actuar rastreiramente. Agora adícase a amañanar as probas para facer fixos a preto de 300 traballadores contratados a dedo.

Este persoal foi no seu momento, seleccionado a dedo por un tribunal político, como xa eñen denunciado diversos sindicatos e tamén o Partido Popular, xa que todos vemos cómo a intención do BNG é empregar os servizos dependentes de Vicepresidencia para aleccionar no ideario do BNG a nenos e maiores.

Con todo, a de Vicepresidencia non foi a única rede clientelar organizada polo Bipartito na actual lexilatura, xa que as contratacións producidas por outros chiringuitod públicos, como Seara, seguiron un patrón similar: primou a militancia política sobre os principios de igualdade, mérito e capacidade.

Así pois, Quintana adícase a pasear por toda Galicia mentres se suceden as denuncias por neglixencias no departamento que él dirixe. Atopámonos ante un escándalo sen precedentes...

lunes, 19 de enero de 2009

Obxectivo: a Igualdade real

Esta fin de semana, o noso Candidato á Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, mantivo unha reunión cun grupo de mulleres, entre as que se atopaba a autora deste blog, na que nos amosou a súa preocupación por que Galicia acade a igualdade real e efectiva. Por iso, o programa electoral tratará de xeito trasversal os problemas e solucións aos mesmos que rematen coas situacións de discriminación que aínda hoxe existen na nosa Comunidade.


Dentro desta xornada pola Igualdade, puidemos asistir a un acto multitudinario en Xinzo de Limia, onde homes e mulleres, pero sobre todo mulleres (unhas 3.000) reivindicamos a igualdade de oportunidades e o papel fundamental de tódalas mulleres anónimas que día tras día aínda seguen sufrindo discriminacións.

Feijoo reivindicou o papel da muller como eixe que fai mover a sociedade, e comprometeuse a rematar coa situación de discriminación que aínda perdura, ademais de impulsar medidas de conciliación da vida familiar coa laboral.

Arroupado non só por estas mulleres, senón tamén pola Secretaria Xeral do PP, MªDolores de Cospedal, explicou que o seu empeño en organizar este acto en precampaña electoral responde a que "quero que a Igualdade tamén sexa un dos principios fundamentais do meu goberno".
Equiparación de dereito, loita contra a violencia de xénero e creación dunha rede de guarderías para que tódolos nenos que o desexen poidan acudir a unha, foron algúns compromisos que adquiriu o noso Presidente coa cidadanía.

sábado, 17 de enero de 2009

O Bipartito continúa creando chiringuitos

O Consorcio do Benestar, creado pola Vicepresidencia da Xunta, está sendo o brazo político do BNG.

Procesos de selección de persoal amañados, manipulación das eleccións sindicais,... son os eixes da política laboral do BNG, coa complicidade de Touriño, aquel que alardea nos seus discursos oficiais de transparencia, pero que logo actúa con escurantismo e opacidade.

Dende o comezo da lexislatura, o Partido Popular veu denunciando esta forma de proceder do BNG que agora se agrava no Consorcio de Benestar. A seleción de persoal non ven marcada por méritos e capacidades, senón que o BNG está a primar criterios políticos en ditas seleccións, convertindo este órgano nun chiringuito mais ao seu servizo.

Deste xeito o que conseguen é que a Administración pública se convirta nunha plataforma dende a que extender o ideario nacionalista a nenos e maiores, pero esquecendo os procesos legais e éticos para facer as cousas, premiando aos candidatos afíns ao BNG e castigando aos que non profesan a a súa ideoloxía.

Malas noticias para Galicia

Segundo as estadísticas, Galicia é a comunidade autónoma na que mais está a medrar o paro de media con respecto ao resto de España.

Este ano 2008 que remata de irse, se pecha con esas nefastas novas para as colas do INEM en Galicia. O paro aquí medra a maior ritmo ca no resto do país. ¿É esa a maneira que ten o Bipartito de poñerlle freo e de paliar a crise? paréceme que nos están a mentir de novo cos datos.

A realidade é que o paro en Galicia aumentou o 5,2%, mentres que en España aumentou o 4,7%. Malas noticias...

A crise chega a Galicia con maior intensidade, e esta vez a propaganda da Xunta non o vai solventar. PSOE = paro, teremos que pensar. Teremos que pensar que Touriño aprendeu moito de Zapatero, aprendeu a facer as mesmas promesas enganosas aos cidadáns, a faltarlles ao respeto con mentiras que xa a él mesmo coido que lle custa crer.

Mentres que o Bipartito ofreceu 30.000 novos postos de traballo no 2008, o certo é que o ano se pecha con 34.921 parados mais que no ano 2007. Son incapaces de ofrecer solucións á crise e ao paro.

¿Cánto mais poderemos aguantar?

jueves, 15 de enero de 2009

O bo rollo do Bipartito

Fai pouco, acudín a un debate na televisión no que compartía mesa cos Deputados Aymerich do BNG e Lage do PSdeG. Non fixo falla nin que abrise a boca, eles mesmos fanse oposición, qué doado foi e qué lástima sentín polos galegos desgobernados por mor dos continuos enfrontamentos dos socios do goberno de Galicia...

miércoles, 14 de enero de 2009

Recargando Galicia



Esta fin de semana estivo chea de animación no Partido Popular de Galicia, con diversos actos cos que comezamos a recargar Galicia como é o noso compromiso.
Co apoio incondicional do noso Presidente Nacional Mariano Rajoy, que nos acompañou no acto co que se abriu a Precampaña electoral en Lugo, puidemos facer un repaso dos incumprimentos, que son numerosísimos, do Bipartito nestes 4 anos de bigoberno.

Alberto Núñez Feijoo anunciou, entre os aplausos de todo o Auditorio, que cando goberne, a Xunta de Galicia asumirá baixo a súa presidencia a construcción do AVE, igual que o está a facer Navarra ou o Pasís Vasco, e dendo logo, lle pasará a factura ao Estado. Lugo non pode quedar illada por culpa dos socialistas, e perder o tren da modernidade e do futuro.




Así mesmo, o noso Candidato e Presidente Autonómico, reuniunos tódolos Presidentes locales, Voceiros e Alcaldes de Galicia para compartir con nós o plan de traballo en equipo que nos agarda durante a campaña.

Insistiu na necesidade de gañar as eleccións nas 4 provincias para devolverlle a Galicia a súa prosperidade e volver a facer as cousas ben.

Nas enquisas, sinalou que o noso partido reflicte unha tendencia á alza, en contraste co PSdeG, que por contra, manifesta unha tendencia á baixa.

Falou de que somos por primeira vez a forza escollida polos xóvenes, e que iso nos vai axudar a seguir facendo do PP o partido de todos.

A pulsión de cambio na sociedade ante unha mala situación, o apoio á xuventude e a confianza dos cidadáns na nosa xestión, serán os ingredientes da victoria nas eleccións.

Que así sexa!

Outro proxecto de chiringuito


O Bipartito, nas súas ansias por que os seus tentáculos cheguen a cantos mais recunchos mellor, está decidido a abrir unha nova delegación da Xunta de Galicia en Lisboa na próxima lexislatura, iso contando con que cheguen a Presidila, feito mais que cuestionable.

Antes de facer sellante gasto, o Executivo autonómico deberá analizar os seus custes con detalle, e en calquera caso, valorar a disponibilidade das entidades galegas para poder colaborar no funcionamento desas oficinas.

Ttátase en definitiva, de evitar derrochar elevadas sumas económicas en novas dependencias administrativas excesivamente caras, cuio custe podería minimizarse contando coa colboración dos centros galegos.

Ao meu xuizo, e ao de todo o Partido Popular, resulta incrible que Touriño anuncie a creación dunha delegación da Xunta en Lisboa sin sequera visitar o centro galego da capital lusa.
Iso de abrir delegacións luxosas para acomodar a dirixentes socialistas adicados a captar voto exterior pasará á historia o vindeiro 1 de marzo!!


martes, 6 de enero de 2009

Na Provincia de Lugo...


Queridos lectores, neste ano que acaba de comezar a transcorrer, quero desexarvos toda a felicidade que poidades ter.

Agardemos que Galicia alcance o cambio que merece o día 1 de marzo. Pola banda do noso candidato, Alberto Núñez Feijoo, xa se están poñendo tódolos esforzos precisos para que así sexa. A pasada semana foron os afiliados de Monforte os que puideron desfrutar da familiaridade e, posteriormente, os veciños de Sober foron os que presenciaron a normalidade coa que o noso Presidente se somete a tódalas preguntas que se lle poidan facer.

Nunha reunión onde acudiron centos de persoas, Feijoo respostou a toda clase de custións que se lle plantexaron, sen escurantismos propios do modus operandi da esquerda que nos goberna, con tranqulidade e transparencia, coa sinceridade propia dun bo gobernante.

Nesta zona de Galicia, Feijoo deu a súa opinión acerca do concurso eólico que tanto preocupa aos veciños, expoñendo que "Está claro que Galicia precisa dun Goberno novo que faga un concurso eólico novo, que acabe cos intereses políticos, económicos e partidistas, e que se fixe nos intereses xerais de Galicia".