O Consorcio do Benestar, creado pola Vicepresidencia da Xunta, está sendo o brazo político do BNG.
Procesos de selección de persoal amañados, manipulación das eleccións sindicais,... son os eixes da política laboral do BNG, coa complicidade de Touriño, aquel que alardea nos seus discursos oficiais de transparencia, pero que logo actúa con escurantismo e opacidade.
Dende o comezo da lexislatura, o Partido Popular veu denunciando esta forma de proceder do BNG que agora se agrava no Consorcio de Benestar. A seleción de persoal non ven marcada por méritos e capacidades, senón que o BNG está a primar criterios políticos en ditas seleccións, convertindo este órgano nun chiringuito mais ao seu servizo.
Deste xeito o que conseguen é que a Administración pública se convirta nunha plataforma dende a que extender o ideario nacionalista a nenos e maiores, pero esquecendo os procesos legais e éticos para facer as cousas, premiando aos candidatos afíns ao BNG e castigando aos que non profesan a a súa ideoloxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario