Isto explicaría a negación da situación mantida por Touriño ata datas recentes, pero tamén a sucesión de anuncios cun elevado custe económico para os contribuintes e cuxo único fin é o electoral.
Touriño busca gañar tempo de aquí ás Autonómicas para evitar que os cidadáns tomen conciencia da situación real.
¿Alguén no seu sano xuizo pode crer que a solución á crise actual pasa por contratar 2.000 parados para limpar cunetas que ata o de agora se desbrozaban con tractores? É curioso ademais, que a duración deses contratos estea prevista para o espazo temporal comprendido entre decembro e maio, en pleno período preelectoral. A verdade é que a proposta ten bastante similitude co Paln de Emprego Rural, mais coñecido por PER, implantado polo PSOE en Andalucía.
Chama a atención o cambio operado no discurso económico do titular do Executivo Galego quen, en escasas semanas, pasou de reiterar que a crise non ía afectar a Galicia, porque segundo él a Comunidade xogaba na liga das estrelas, a presentar sucesivas medidas contra a crise.
Este feito deixe en evidencia un goberno que está a improvisar sobre a marcha, buscando unicamente un efecto mediático que despois non ten unha repercusión efectiva sobre a economía real das familias e das empresas.