domingo, 30 de noviembre de 2008

Cambio de discurso

As medidas anunciadas estes días por Touriño, semellan estar pensadas para fins electoralistas e non para loitar contra a crise económica que padecen os galegos e galegas. Mais ben o presidente da Xunta está a copiar punto por punto, a estratexia de ocultación da realidade aplicada por Zapatero antes das pasadas elecciónsXerais para minimizar o alcance da crise económica ata despois da cita coas urnas.

Isto explicaría a negación da situación mantida por Touriño ata datas recentes, pero tamén a sucesión de anuncios cun elevado custe económico para os contribuintes e cuxo único fin é o electoral.

Touriño busca gañar tempo de aquí ás Autonómicas para evitar que os cidadáns tomen conciencia da situación real.

¿Alguén no seu sano xuizo pode crer que a solución á crise actual pasa por contratar 2.000 parados para limpar cunetas que ata o de agora se desbrozaban con tractores? É curioso ademais, que a duración deses contratos estea prevista para o espazo temporal comprendido entre decembro e maio, en pleno período preelectoral. A verdade é que a proposta ten bastante similitude co Paln de Emprego Rural, mais coñecido por PER, implantado polo PSOE en Andalucía.

Chama a atención o cambio operado no discurso económico do titular do Executivo Galego quen, en escasas semanas, pasou de reiterar que a crise non ía afectar a Galicia, porque segundo él a Comunidade xogaba na liga das estrelas, a presentar sucesivas medidas contra a crise.

Este feito deixe en evidencia un goberno que está a improvisar sobre a marcha, buscando unicamente un efecto mediático que despois non ten unha repercusión efectiva sobre a economía real das familias e das empresas.

No hay comentarios: