miércoles, 26 de noviembre de 2008

¿Estamos facendo o posible?

A violencia de xénero é un problema e todos e cada un dos galegos e galegas. Todos debemos tomar plena conciencia deste drama. Cada vez que unha muller é maltratada ou é asasinada fracasa toda a sociedade, e nos preguntamos si estamos facendo todo o posible?. No que levamos de ano 2008 no ámbitoo estatal, se produciron 62 asasinatos de mulleres, e no ámbito da nosa Comunidade a cifra de vítimas mortais se eleva a 4.

Temos que ser contundentes na loita contra a violencia de xénero, xa que é unha vulneración inadmisible dos dereitos fundamentais. A violencia de xénero nunca ten xustificación. Correspóndelle a toda a sociedade e aos poderes públicos facer o posible para afondar na súa erradicación.

A pesar de que se teñen tomado medidas lexislativas para combater esta lacra, tanto a nivel Estatal como Autonómico, o resultado é desolador. Faltan medios e recursos, e o funcionamento é manifestamente mellorable.

É precisa a especialización e a dedicación exclusiva como clave para combater xudicialmente este tipo de delitos, a pesar de que na Lei está previsto os medios de control e coordinación, o feito é que falta persoal específico de toda a administración.

Informes como o do Defensor do Pobo ou de Amnistía Internacional, reflicten a frstración das expectativas xeradas pola Lei, as súas debilidades e cómo, tras 4 anos dende a súa entrada en vigor, as mulleres non están mais protexidas nin se sinten mellor atendidas polas Administracións Públicas.

Galicia segue sendo a mais discriminada en recursos económicos e materiais para loitar contra a violencia de xénero, supoñendo un impedimento mais para acabar con esta terrible lacra social da violencia contra as mulleres, un problema que require o compromiso de todos para desaparecer.

No hay comentarios: