martes, 3 de febrero de 2009

Corresponsabilidade e Igualdade



Fai uns días, o xornalista do Faro de Vigo, Javier Sánchez de Dios, invitoume a participar nun debate moi interesantesobre a corresponsabilidade e a igualdade entre homes e mulleres.

No debate participamos un representante de "hombres en igualdad", unha representante sindical e mais eu.

O certo é que hai moito que falar sobre este tema, pero hai moito mais por facer!

¿Creedes que a igualdade real chegou á nosa sociedade?

É certo que temos lexislación: dende a propia Constitución, a Lei Galega de Igualdade do ano 2004, a Lei Estatal de Igualdade, ... pero as mulleres seguen cobrando un 30% menos de salario por desempeñar a mesma tarefa que un home. A representación nas institucións incrementouse, pero estamos aínda moi lonxe. Nos cargos de alta dirección das empresas, nas Universidades,... as mulleres son maioría, pero os propios órganos de dirección seguen a estar masculinizados.

Un 30% das mulleres recoñecen que lles gustaría ter mais fillos dos que teñen, pero non poden por razóns laborais. Nun país coma o noso, nunha Comunidade como Galicia, onde os índices de envellecimento e a pirámide demográfica é das peores de Europa, deberiamos de optar por verdadeiras políticas de conciliación, precisamos mais prazas de guardería, mais comprensión coa maternidade, para que ésta sexa unha decisión tomada libremente, sen que supoña un perigo para o posto de traballo dunha muller.

¿Qué opinades?

No hay comentarios: