martes, 3 de febrero de 2009

Sogama segundo o Bipartito

O Conselleiro de Medio Ambiente, o Socialista Manuel Vázquez, debería explicar de inmediato e claramente,qué está a facer cos medicamentos procedentes da planta Sigre que, ata hai escasos días, acumulaba ilegalmente no vertedoiro da Areosa, despois de que a autorización ambiental integrada á que está sometido o vertedoiro desde abril do ano pasado impedise realizar eses enterramentos.

O elevado volume dos medicamentos rexeitados polo Sigre e o perigo ambiental e de saúde pública que supoñen, debería ter unha explicación convincente e documentada do goberno galego e dende logo do Presidente da Xunta como máximo responsable político, desde os vertidos tóxicos ao Lengüelle, ata as presuntas irregularidades económicas, como o contrato por valor de 19 millóns de euros e outorgado polo presidente da empresa pública, ata os pagamentos efectuados a Danigal por enterrar, o lixo procedente da Coruña.

A actitude do bipartito a respecto de Sogama constitúe un claro exemplo de falta de transparencia e mirar, unha vez máis para outro lado, dende que na pasada primavera se ven denunciado que na Areosa se estaban enterrando medicamentos de xeito irregular, o responsable do medio ambiente negou eses feitos, malia a contundencia das evidencias amosadas, e non tivo reparo algún en desmentir unha por unha, a longa nómina de irregularidades que o paso do tempo está acreditando como verídicas, veremos en que acaban os intentos do Conselleiro de distanciarse da xestión de Sogama.

No hay comentarios: