miércoles, 18 de febrero de 2009

O CONXUGA fala... de vienda e de emprego

Os datos que apunta o Consello da Xuventude de Galicia (CONXUGA) apuntan a que mentres no 2º trimestre do 2005, cada mozo galego que aspirase a mercar unha vivenda debía adicar a este obxectivo o 42,5% do seu esforzo económico, ese indicador disparouse ata chegar ao 79,8% no segundo trimestre do 2008.

Para invertir esta tendencia son precisas medidas encamiñadas a facilitar o arrendamento de vivendas con axudas directas para os mozos e un programa específico de alugueiro.

É preciso propiciar a saída ao mercado do stock de vivendas recen construidas e sen vender, que existen actualmente na nosa comunidade para adquisición ou arrendamento con opción a compra.

Pero o bipartito, lonxe de dar solucións aos problemas de vivenda que padecen os xóvenes galegos, prefire criticar as políticas de vivenda do anterior goberno.

Cómpre chegar a un acordo cos axente sociais que interveñen neste proceso do mercado inmobiliario, para ofertar esa vivenda libre a prezo concertado, de xeito que se poidan mercar nunhas condicións ventaxosas similares ás da vivenda protexida.

Pero sen dúbida, o problema mais grave que afecta aos xóvenes é o do emprego. Precísase dun verdadeiro Plan de Emprego para a xeventude que contemple medidas encamiñadas á inserción laboral, cun servizo de asesoramento e orientación laboral para mozos titulados e estudiantes, incentivos fiscais para o auto-emprego, e programas de actuación contra a precariedade laboral, contra o abuso de encadeamento e a rotacion dos cotratos temporais.

Cómpre impulsar unha reforma da Formación Profesional, que perdeu 13.600 alumnos nestes últimos anos, cun incremento da oferta formativa e potenciando a relación coas empresas.

A potenciación da FP é aínda mais importante na época de crise na que vivimos.

É preciso por tanto apostar polo futuro, polo futuro da xuventude!

No hay comentarios: