jueves, 19 de febrero de 2009

CC.OO denuncia irregularidades e incumprimentos no INEGA

O sindicato CC.OO denuncia que a Consellería de Innovación e Industria permitiu que a dirección do INEGA convirta este organismo nun chiringuito clientelar, suliñando as irregularidades coas que se atopan no Instituto Enerxético de Galicia.

As mais graves coas que nos atopamos no comunicado emitido por Comisións, van dende favoritismos cara aos traballadores do mesmo signo político ca eles, permitíndolles o uso dos coches oficiais, coa consecuante discriminación do persoal que non comulga coa ideoloxía política desta Consellería Socialista; ata a contratación do persoal baseada no sistema da dedocracia, adaptando as bases da convocatoria ao currículum dos futuros colocados.

Nin sequera, denuncian, deberían manter á actual directora do Departamento da Secretaría e Servicios Xerais no seu posto, pois carece da titulación e experiencia requeridas para él.

CC.OO denuncia así mesmo que no INEGA se producen continuas intimidacións do delegado sindical empregando amenazas de apertura de expedientes sancionadores para que non poida desenvolver con liberdade a súa tarefa de representante dos traballadores, negándolle información e facendo oídos xordos ás peticións de reunión.

En definitiva, o INEGA, igual que moitos outros organismos da Xunta, como ven denunciando o Partido Popular reiteradamente, converteuse nun chiringuito ao servicio dos e das Conselleiras que poden practicar o que tan ben se lles da: o enchufismo.

No hay comentarios: